Pechando a primeira fase do proxecto

Estes días estamos pechando a execución administrativa da primeira fase do proxecto Recuperación Patrimonial e ambiental do Castelo de Lobarzán/Castro das Laxes das Chas. Nesta primeira fase, a financiación foi obtida ao abeiro da medida 19.2 do LEADER do rograma de Desenvolvemento Rural de Galicia (GDR O9 Asociación Monteval), (2014-2020), a iniciativa dos Concellos de Monterrei, e Oímbra. O orzamento total de esta primeira fase foi de 46.222 euros.

Neste caso, o proxecto foi executado a través do marco dun convenio de colaboración asinado o pasado mes de abril entre a Universidade de Vigo e os concellos ourensáns de Oímbra e Monterrei.

O informe da primeira campaña arqueolóxica, dirixida por Víctor Rodríguez Muñiz, xa foi entregado na Dirección Xeral de Patrimonio, e nos próximos meses traballaremos na memoria final.

Unha boa nova é a de que se realizará una traballo académicamente dirixido (Traballo de Fin de Máster), sobre o material prehistórico recollido na pasada e fructífera campaña de prospección.

Un proxecto arqueolóxico ten sempre un grande percorrido burocrático e de xestión administrativa, un traballo costoso e as veces pouco visible.

Dende aquí, queremos amosar o noso agradecemento a todo o persoal que fixo (e fai) posible este proxecto dende a xestión administrativa do mesmo. E tamén agradecer as institucións implicadas a financiación obtida para o desenvolvemento desta primeira fase do proxecto.

E agora, a traballar para a próxima campaña!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu sitio web con WordPress.com
Empieza ahora
A <span>%d</span> blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close