#CulturasCompartidas #PatrimonioCompartido #ResponsabilidadeCompartida #18Abril

Hoxe é 18 de abril, e con motivo do Día Internacional dos Monumentos e Sitios, compartimos con vós un dos traballos realizados para a memoria da intervención no #CastelodeLobarzán2019
Trátase da Topografía Morfolóxica e Modelo Dixital da Cova das Pinturas, localizada nunha cavidade de moi difícil acceso na área do Castelo de Lobarzán, e que contén manifestacións de pintura do estilo denominado Arte Esquemático, realizadas sobre granito.

O obxectivo foi realizar un levantamento topográfico (espeleolóxico e morfolóxico) orientando o traballo á obtención dun modelo dixital da cova. O modelo permitiu: 1. Determinar as dimensións reais da cavidade; 2. Construír un modelo dixital da mesma, de forma que poida integrarse en contornas GIS para avaliar a súa relación con outras cavidades ou xacementos próximos situados no mesmo afloramento, e para estudar a morfoloxía da cova en relación coa estrutura do macizo; 3. Elaborar a topografía morfolóxica da cavidade.

En total foron topografados 67 m de galerías e pasaxes asociadas ao mesma fronte de deslizamento, e que conforman dous niveis de abrigos e covas diferenciados.

O traballo foi realizado no marco do Proxecto Lobarzán, por un equipo de espeleoloxía científica do Club Espeleolóxico A Trapa (CETRA) en colaboración co equipo da Universidade de Vigo. O equipo estivo formado por: Begoña Barreiro Ben, Reinaldo Costas Vázquez, Esteban Vaqueiro Barreiro, Marcos Vaqueiro Barreiro e Marcos Vaqueiro Rodríguez (C.E. A Trapa – CETRA) e Beatriz Comendador Rey (Universidade de Vigo). Os modelos dixitais e a cartografía morfolóxica foi realizada por Marcos Vaqueiro Rodríguez (C.E. A Trapa – CETRA).

Queremos agradecer ao equipo do CETRA pola súa dispoñibilidade para este traballo. Estamos moi ledos desta colaboración e agardamos poder seguir colaborando nun futuro, porque aínda queda moito por facer.

A protección deste lugar, aínda en proceso inicial de estudo, é un asunto totalmente consecuente co lema proposto polo ICOM para este singular 18 de abril: #PatrimonioCompartido #ResponsabilidadeCompartida

#18Abril #ICOMOS #CulturasCompartidas #PatrimonioCompartido #ResponsabilidadeCompartida

#18April #ICOMOS #SharedCultures #SharedHeritage #SharedResponsability

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu página web en WordPress.com
Empieza ahora
A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close