Nunha laxe no camiño

Por B. Comendador

Morena (Josefa Álvarez), veciña das Chas, contounos que a súa avoa Rosario facía cada día o camiño entre As Chas e Verín para vender o pan que facía. Amasado coa boa auga da fonte das Chas, non había mellor pan que aquel feito de centeo. De camiño levaba a vianda, pero tamén os recados que a xente lle daba, dun lado e doutro. E deste xeito no camiño, tecía as redes invisibles daquelas comunidades.

Aquel camiño vello, onde quedan aínda impresas na rocha as fendas abertas polas rodas dos carros, pasa polo lugar das Laxes. Cando Rosarío vía esas laxes de camiño ás Chas, xa non tiña medo e sentíase segura. Ou isto foi o que escoitou e recolleu Lucía, estudante de arqueloxía, no seu caderniño de notas. Pero tamén foi o que nos comentou na súa visita o catedrático Antonio Rodríguez Colmenero, natural de Cualedro, sobre a orixe do topónimo  “Laxes das Chas”.

Alí na pista, xunto ás rodeiras, hai outras marcas. Morena levounas a elas física e rapidamente, cunha enerxía sorprendente a pesar da calor. Logo chegou polo facebook, que esas marcas, segundo contaban outras avoas, son “as ferraduras” do cabalo de Santiago que alancou dende o outro lado do río perto de Medeiros e bateu coas pezuñas nesa laxe. O topónimo Salto de Cabalo, aparecía tamén no traballo sobre toponimia que nos cedeu Sergio Palanca. E a lenda aparece nun pé de foto do libro “Brotes de Raíces Históricas”, de Federico Justo Méndez, un libro que xa ten dado moitas voltas e creado moitas vocacións.

Cabalos que ás veces veñen voando, e outras por baixo da terra, xa que outra lenda conta que “os mouros que vivían las Laxes das Chas” cando querían “roubarlle cabalos ou secuestrar mozas as de Medeiros” ían por un túnel que os comunicaba, como recollera Bruno Rúa dun veciño de San Pedro do Muíño.

Cruzando saberes, por terra e aire, por testemuña oral ou pola rede, aportado por estudantes, veciñanza (na terra ou emigrada), eruditos locais ou catedráticos… So a suma de saberes ao mesmo nivel, reconstrue como un crebacabezas, os relatos creados sobre este territorio.

Xa temos case rematada a memoria dos traballos de 2019 con todas as aportacións e a suma de saberes desta “comunidade” creada entre tod@s e simbolizada nunha laxe do camiño. Queda moito por facer, pero unha vez mais, grazas pola vosa implicación.

E áinda que o camiño está hoxe baleiro, queremos dedicar este post a avoa Rosarío, e a todas as mulleres que eternamente tecerán as redes invisibles entre as persoas, percorrendo o camiño.

Vellas rodeiras no camiño das Laxes

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu sitio web con WordPress.com
Empieza ahora
A <span>%d</span> blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close