Unha mirada dende o castelo de Lobarzán

O pasado 18 de decembro,  cun convite por parte da Rede do Patrimonio Cultural, impartimos en liña a palestra coral "POLAS TERRAS DO TÁMEGA: UNHA MIRADA DENDE O CASTELO DE LOBARZÁN"

Os primeiros traballos realizados no conxunto arqueolóxico e natural de A Ceada das Chas/Castelo de Lobarzán revelaron a súa importancia estratéxica nos distintos momentos históricos, dende a prehistoria recente até as últimas décadas da Idade Media. Pero ningún xacemento é un lugar illado: debe ser posto necesariamente en relación co contexto da comarca natural do val do Támega, con características xeográficas e históricas que a singularizan do resto de Galicia, e que ha de ser sempre entendida nunha perspectiva transfronteiriza, que supere os límites administrativos establecidos nun territorio de fronteira. Esta condición de periferia privouna de atención por parte da investigación académica, porén existe un tecido asociativo e cultural intenso que promove a activación dos recursos da comarca e a xeración dun relato ancorado na súa propia paisaxe. Pero tamén é un territorio coas súas propias dinámicas, e potenciais ameazas, que constitúen un severo risco para o seu patrimonio social, natural e cultural.
Nesta palestra coral amosamos unha mirada das terras do Támega dende diferentes perspectivas, nunha liña de traballo que aposta pola integración dos diversos axentes, tanto na investigación como na proxección e a xestión dos bens.
PARTICIPANTES
 Fernando Serrulla Rech (Colectivo Cultural Olimbria)
 Andrés Diz Domínguez (Terra de Monterrei, Asociación Monterrei Cultura e Territorio/
Estudante do Grao en Xeografía e Historia da Universidade de Vigo)
 Nieves Amado Rolán (Arqueóloga natural da comarca e membro da Comisión de Patrimonio
do Consello da Cultura Galega)
 Víctor Rodríguez Muñiz (Arqueólogo, Área de Historia Medieval, Universidade de Vigo)
 Beatriz Comendador Rey (Arqueóloga, profesora da área de Prehistoria, Universidade de
Vigo)

Podedes ver SEGUINDO ESTE LINK, o vídeo da conferencia na súa totalidade.

O noso agradecemento á Rede do Patrimonio Cultural, e especialmente a Soledad Felloza e Miguel R Carnota, polo seu esforzo en poder realizar esta palestra coral sobre as Terras do Támega.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu sitio web con WordPress.com
Empieza ahora
A <span>%d</span> blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close